Novas tecnoloxías

 

Novas tecnoloxías da información e da comunicación: Unha provincia en rede

A Deputación de Lugo é consciente de que a administración electrónica é un modelo de Administración pública baseado no uso interactivo das tecnoloxías da información e da comunicación, co obxectivo de mellorar a eficiencia interna, as relacións interadministrativas e as relacións da Administración cos cidadáns.

O desenvolvemento da e-administración por parte da Deputación de Lugo ten como obxectivo básico avanzar cara a unha Administración pública na provincia de Lugo:

• Máis ABERTA
• Máis TRANSPARENTE
• Máis PRÓXIMA
• Máis INTEGRAL

Hai que ter en conta que é preciso evitar a fractura dixital, a vulneración da seguridade e da intimidade, e a descoordinación administrativa.

OBXECTO

A incorporación dos Concellos da provincia ás novas tecnoloxías como ferramentas de traballo ligadas á eficacia e á eficiencia nas prestacións dos servizos públicos, tratando de responder o reto da implantación da administración electrónica, constitúe o obxectivo básico desta liña de colaboración e asistencia.

As liñas de actuación previstas son:

1. Avaliación das necesidades e elaboración de plans de actuación a nivel municipal.
2. Impulso e desenvolvemento das novas tecnoloxías nos Concellos.
3. Impulsar a e-administración. A aprobación da Lei 11/2007, de 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos (LAECSP) supón unha boa oportunidade para avanzar no desenvolvemento da administración electrónica na provincia de Lugo e en España.
4. Dotación aos Concellos dos programas informáticos e soporte técnico nos ámbitos da xestión administrativa dos que hoxe non dispoñan.
5. Intranet provincial.

SERVIZO

Gabinete de Asistencia, Asesoramento e Defensa Xurídica das Corporacións Locais.

Centro de Atención ó Usuario

O Centro de Atención a Usuarios da soporte e asistencia técnica referente a Novas Tecnoloxías e manexo de TIC aos concellos a través dos seguintes canles:

Teléfono: 982260001

Correo electrónico: cau@deputacionlugo.org

Horario: 09:00 - 14:30 horas

Na seguinte ligazón pode consultar o catálogo de servizos e a política de TI.

 

LIGAZÓNS EXTERNAS

Pode consultar información detallada de asistencia a concellos na seguinte ligazón