Plans de contratación

Perfil do contratante

Dende o perfil do contratante dase publicidade sobre os procesos de contratación. Acceda premendo aquí

Este perfil utilizase tamén, aínda que non é obrigatorio, para dar publicidade a contratos menores e mesmo a negociados sen publicidade. Poderá consultar, polo tanto, anuncios nos que se soliciten ofertas e presupostos de contratacións menores e periodicamente publicaranse os adxudicatarios das mesmas. De cara a presentar unha oferta para un tipo de contratacións e licitador deberá presentar xunto á súa proposta os seguintes modelos debidamente cumprimentados:

 

Estatísticas de adxudicación

Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público.
Recolle os seguintes procedementos de adxudicación.

  • Procedemento aberto: procedemento no que todo empresario interesado poderá presentar unha proposición, queda excluída toda posibilidade de negociación.
  • Procedimiento restrinxido: solo poderán presentar proposicións aqueles empresarios que, á súa solicitude e en atención á súa solvencia, sexan seleccionados polo órgano de contratación. Neste procedemento estará prohibida toda negociación dos termos do contrato cos solicitantes ou candidatos.
  • Procedemento negociado: a adxudicación recaerá no licitador xustificadamente elixido polo órgano de contratación, tras efectuar consultas con diversos candidatos e negociar as condicións do contrato cun ou varios deles. O procedemento negociado presenta dúas modalidades: con ou sen publicidade.
  • Diálogo competitivo: poderá usarse este procedemento no caso de contratos particularmente complexos cando o órgano de contratación considere que o uso do procedemento aberto ou do restrinxido non permite unha apropiada adxudicación do contrato.
  • Contratos menores: considéranse contratos menores os contratos de importe inferior a 50.000 euros, cando se trate de contratos de obras, ou a 18.000 euros, cando se trate doutros contratos.

Na táboa seguinte pode consultar a porcentaxe de volume de contratos formalizados

Outros anos

Contratos formalizados

Pode atopar información sobre os contratos formalizados e as súas modificacións no perfil do contratante. Consúlteo premendo aquí

A continuación amósanse os contratos (non menores) formalizados

Outros anos

Contratos menores

Considéranse contratos menores os contratos de importe inferior a 50.000 euros no caso de contratos de obras, ou a 18.000 euros no caso doutros contratos

Pode atopar información sobre estes contratos no perfil do contratante, que se utiliza para solicitar ofertas e dar publicidade. Consúlteo premendo aquí

A continuación amósase información trimestral dos contratos menores adxudicados

Outros anos

Convenios

A continuación mónstranse os convenios suscritos pola Deputación de Lugo e organismos dependentes

2018

Otros años

Subvencións e plans de axudas

 

A información sobre subvencións pódese consultar na seguinte ligazón: subvencións

Acceso á Base de Dados Nacional de Subvencións: BDNS

 

Plans de axudas especiais

Pode consultar outros plans de axudas públicas na seguinte ligazón: plans especiais

 

 

Servizos Públicos Externalizados

A Deputación de Lugo non presta servizos públicos a través de concesionarios nin mantén actividades administrativas externalizadas.