Información sobre obras, estruturas e equipamentos


Este Servizo ten encomendada a xestión da rede viaria provincial, incluíndo:

  • Planificación: programación e proposta de actuacións a incluír nos Plans de obras de conservación e construción da rede viaria provincial.
  • Proxecto: redacción de proxectos técnicos e dirección facultativa da execución de obras, tanto de nova construción ou mellora como de conservación, que afecten ás estradas da rede provincial.
  • Construción: actuacións de apertura de novas estradas, así como modificacións de trazado, acondicionamento, ensanche e mellora de estradas provinciais existentes.
  • Conservación: actuacións de mantemento común e reparación dos elementos da estrada e as súas marxes: pavimento, drenaxe, obras de fábrica, sinalización e sistemas de contención de vehículos; así como reposición da plataforma da estrada en tramos afectados por circunstancias accidentais.
  • Explotación: actuacións de axuda á vialidade para mantemento permanente das mellores condicións de circulación compatibles coas circunstancias existentes: situacións de condicións meteorolóxicas adversas (neve, xeadas, temporais de choiva ou vento...), accidentes de tráfico, etc.

Actividades de uso e defensa da zona de circulación e das zonas de influencia legal da estrada, como autorizacións de tráficos de características especiais; obras de conducións paralelas ou que crucen a estrada correspondentes a servizos de urbanización; obras de peches e edificacións nas propiedades lindantes; accesos ás estradas...

Realización de estudos e redacción de informes sobre documentos de plan urbanístico municipal que afecten ás vías provinciais ou ás súas travesías urbanas; sobre actuacións (autovías, liñas ferroviarias, obras hidráulicas, ambientais...) doutras Administracións públicas (estatal e autonómica) que incidan sobre a rede viaria ou sobre os intereses xerais da provincia ou dos seus municipios; elaboración de estatísticas e intercambio de información (tráfico, accidentes, características, investimentos...) referente á rede viaria con outras institucións (Ministerio de Fomento, DXT, Xunta de Galicia...).


Contidos relacionados

Sistema de información xeográfica