Portal
de
Transparencia
Máis información
A Transparencia apóiase en catro elementos complementarios entre si: Publicidade Activa, Acceso á Información, Bo Goberno e Participación cidadá.

Un dos piares da transparencia é a capacidade dos cidadáns para acceder á información pública en calquera momento e lugar.
Neste apartado pódese solicitar á Unidade de Información o acceso a información pública que obre en poder do Concello e acceder a datos abertos (Open Data), que son datos públicos de diversas materias que son accesibles e reutilizables, sen esixencia de permisos específicos.
Neste apartado o Concello publica de forma proactiva información institucional, organizativa, de planificación, de relevancia xurídica, económica, presupostaria e urbanística tal como esixe a Lei de Transparencia. Tamén se proporciona acceso aos Indicadores de Transparencia do Concello e a Transparencia Internacional España.









Un goberno responsable require altos estándares éticos e códigos de conduta para os seus funcionarios.
Neste apartado pódese acceder ao Código de Bo Goberno e ás medidas de xestión de riscos e control interno do Concello.


Para fomentar a implicación da cidadanía e a rendición de contas, neste apartado o Concello promove a transparencia e a participación cidadá mediante a posibilidade de que os cidadáns colaboren en iniciativas de participación cidadá, no desenvolvemento de presupostos participativos, poidan consultar proxectos ou poidan presentar realizar consultas e peticións ou presentar queixas.