Socioeconomía

SocioeconomíaNa economía municipal destaca sobre todo o sector primario, que ocupa a cáseque el 50% de la poboación activa, a tradicional agricultura de subsistencia combinada cos outros subsectores, así, os cultivos predominantes oriéntanse á gandeiría e compleméntanse cos de horta e vide, esta última nas ladeiras do Miño.

O terreo reservado para a explotación agrícola é unha cuarta parte do total, un 17% está adicado a prados e pastizais. Con respeito á gandeiría nas últimas décadas prima a orientación gandeira sobre todo do gando bovino de produción leiteira e cárnica, seguíndolles a grande distancia o porcino e o ovino. A actividade industrial limítase a actividades de tipo cáseque artesanal.

A industria dá traballo a un 6% dos activos e a construción ao 4´5%. A explotación forestal tamén é un complemento da economía destacando sobre todo as plantacións de piñeiros, o terreno forestal representa a mitade da superficie municipal. Finalmente o sector servizos está concentrado na capital municipal.

Industrias: empresas de construción, talleres, transportes,etc.
Feiras e mercados: Os días 4 y 20 de cada mes e mercado os sábados.

 

 Descargar datos estatísticos sobre o Concello de Taboada (Instituto Galego de Estatística)