Información do número de indicadores publicados

Total de indicadores

19 / 46

Información sobre a Corporación Municipal

2 / 11

Relacións cos cidadáns e a sociedade

1 / 4

Transparencia económico-financeira

11 / 16

Transparencia na contratación de servizos

0 / 4

Transparencia en materia de urbanismo, obras públicas

5 / 11

Índice de Transparencia


Transparencia Internacional España (TI) avalía a transparencia dos concellos a través dun conxunto de 80 indicadores que constitúen o Índice de Transparencia dos Concellos (ITA), sen realizar ningunha consideración sobre o tamaño dos concellos.

Todos os concellos da provincia de Lugo que están no Portal de Transparencia son municipios de pequeno tamaño,  o que condiciona e limita a aplicación dos 80 indicadores que utiliza TI.

Por este motivo, para facilitar a obtención do ITA de cada concello reduciuse o número de indicadores seleccionando os que máis se axeitan ás características dos municipios lucenses (tamaño, funcionalidade e utilidade para o cidadán, etc.), descartando aqueles que non poden aplicarse aos concellos lucenses.

Por tanto, a información que se publicará sobre cada concello no Portal de Transparencia será sobre un máximo de 46 indicadores no canto dos 80 considerados polo ITA.  A máxima puntuación será 46 (60%) do total de 80 (100%) que marca Transparencia Internacional para todos os concellos.

Estes 46 indicadores desagréganse da seguinte forma:

  1. INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL (11)
  2. RELACIÓNS COS CIDADÁNS (4)
  3. TRANSPARENCIA ECONÓMICO-FINANCEIRA (16)
  4. TRANSPARENCIA NAS CONTRATACIÓNS DE SERVIZOS (4)
  5. TRANSPARENCIA EN MATERIA DE URBANISMO E OBRAS PÚBLICAS (11)