Indice de solvencia a curto prazo

Este indicador reflicte a capacidade que ten a Entidade Pública a curto prazo para atender o pagamento das súas débedas. O valor illado do indicador para un ano concreto achega moi pouca información; a súa utilidade increméntase na medida que se calcule para varios anos consecutivos, se analice a tendencia seguida, ou se compare cos valores que adopta noutras Entidades Públicas de similar tamaño e características.

Cando este indicador presenta valores superiores ao 100% existe un remanente de tesouraría positivo; no caso contrario, será negativo, e haberá que cubrilo con ingresos presupostarios do próximo exercicio.