Capacidade ou necesidade de financiación

A Capacidade ou Necesidade de Financiamento é un termo que equivale ao déficit ou superávit presupostario dos concellos e relaciona os ingresos e os gastos non financeiros.
Se o índice de capacidade / necesidade de financiamento é negativo, significa que a Entidade Local non logrou financiar cos recursos típicos (impostos municipais, taxas, contribucións especiais e prezos públicos, participación nos ingresos do estado, subvencións e ingresos patrimoniais) o total de gastos comprometidos, necesitando recorrer ao endebedamento.
Este ratio permite avaliar a solvencia financeira da Entidade Local, reflectindo a importancia da capacidade ou necesidade de financiamento correspondente ao exercicio presupostario, ou dito doutro modo, os recursos netos que a Entidade pon a disposición do resto do mundo (se é positiva) ou que recibe do resto do mundo (se é negativa).