Información do número de indicadores publicados

Total de indicadores

148 / 148

Información sobre a Deputación Provincial

25 / 25

Relacións cos cidadáns e sociedade

11 / 11

Transparencia económico-financeira

24 / 24

Transparencia nas contratacións de servizos

12 / 12

Transparencia en materias de servizos e apoio aos municipios

36 / 36

Indicadores da Lei de Transparencia

40 / 40

Índice de Transparencia

Os indicadores que se mostran a continuación son os propostos e avaliados por Transparencia Internacional España para as Deputacións.

O INDIP, Índice de Transparencia das Deputacións, ten un dobre obxectivo:

  • Por unha banda, constitúe unha ferramenta para medir o nivel de transparencia ante os cidadáns e a sociedade das Deputacións.
  • E por outra, impulsar e propiciar o aumento da información que as Deputacións ofrecen aos cidadáns e a sociedade no seu conxunto. Dita avaliación lévase a cabo mediante un conxunto integrado de oitenta indicadores, pertencentes a cinco áreas de transparencia.

Os indicadores que se utilizan para a avaliación tratan de abarcar así os aspectos informativos máis importantes que se estima debe ofrecer á cidadanía unha Deputación Provincial.

A Deputación de Lugo trata de mostrar o máximo grado de transparencia, e facilitar así a consulta e o acceso directo á información para toda a cidadanía.

As cinco áreas de transparencia que se avalían no INDIP, e que a Deputación de Lugo actualiza de forma constante, son as seguintes:

  • Información sobre a Deputación Provincial,
  • Relacións cos cidadáns e a sociedade,
  • Transparencia económico-financeira,
  • Transparencia nas contratacións de servizos,

Transparencia en materias de servizos e apoio a municipios.