Lei de transparencia, acceso á información e bo goberno


A aprobación da Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno afecta ás Entidades Locais (deputacións e concellos), que han de tomar unha serie de medidas antes de decembro de 2015 para cumprir cos ditados da Lei..


A lei persegue un triplo obxectivo:

  • Incrementar e reforzar a Transparencia na actividade pública mediante o establecemento de condutas de publicidade activa para o sector público.
  • Recoñecer e garantir o acceso á información como un dereito de amplo alcance.
  • Determinar obrigacións de bo goberno para responsables públicos e as consecuencias xurídicas, ata penais, asociadas á súa incumprimento.


A Lei consta de tres títulos:


Título I: TRANSPARENCIA  DA ACTIVIDADE PUBLICA  se articula en dous eixes:

  1. Publicidade activa: supón que calquera administración pública poña motu proprio información a disposición da cidadanía dun xeito claro, estruturada e entendible, establecéndose os mecanismos para facilitar a accesibilidade, a interoperabilidade, a calidade e a reutilización da información publicada así como a súa identificación e localización


    O tipo de información que as administracións deben facilitar á cidadanía será moi diversa: información institucional, organizativa e de planificación, de relevancia xurídica e información económica, presupostaria e estatística.

  1. Dereito de acceso á información pública: calquera persoa poderá solicitar acceso aos documentos que obren en poder da administración local e que sexan elaborados ou adquiridos no exercicio das súas funcións. A Administración só poderá denegar o acceso á mesma por algún dos motivos prefixados pola Lei, contrariamente ao que sucede actualmente, onde o dereito de acceso se circunscribe a documentos ou rexistros que obran en arquivos administrativos formando parte dun expediente e sempre que correspondan a procedementos terminados. Ademais, a Lei establece a creación de Unidades de Información para xestionar a tramitación de solicitudes. O procedemento de acceso iniciarase mediante solicitude ao órgano que dispón da información, indicando a modalidade na que se prefire ter acceso á información solicitada. O prazo máximo para a resolución será dun mes


Título II: BO GOBERNO:


As disposicións contidas no apartado dedicado ao Bo Goberno outorgan rango de lei aos principios éticos e de actuación que deberían rexer o labor dos membros do Goberno e altos cargos da Administración do Estado, das Comunidades Autónomas e das Entidades Locais, e establecen un réxime sancionador.


Título III: CONSELLO DE TRANSPARENCIA E BO GOBERNO:


Órgano independente ao que se lle outorgan competencias de promoción da cultura de transparencia na actividade da Administración Pública, de control do cumprimento das obrigacións de publicidade activa, así como de garantía do dereito de acceso á información pública e da observancia das disposicións de bo goberno. Créase, polo tanto, un órgano de supervisión e control para garantir a correcta aplicación da Lei.


O Consello de Transparencia e Bo Goberno configúrase como un órgano independente, con plena capacidade xurídica e de obrar e conta cunha estrutura sinxela que, á vez que garante a súa especialización e operatividade, evita crear grandes estruturas administrativas.


Descargar Lei de Transparencia en Español

BOE-A-2013-12887

http://estaticos.redsara.es/transparencia/portaltransparencia/0/1/docs/ley_transparencia/BOE-A-2013-12887_Ley_de_Transparencia_en_Castellano.pdf


Descargar Lei de Transparencia en Galego

BOE-A-2013-12887-G

http://estaticos.redsara.es/transparencia/portaltransparencia/0/1/docs/ley_transparencia/BOE-A-2013-12887-G_Ley_de_Transparencia_en_Gallego.pdf