Información do número de indicadores publicados
16 / 46
0 / 11
1 / 4
11 / 16
0 / 4
4 / 11
Índice de Transparencia
Transparencia Internacional España (TI) avalía a transparencia dos concellos a través dun conxunto de 80 indicadores que constitúen o Índice de Transparencia dos Concellos (ITA), sen realizar ningunha consideración sobre o tamaño dos concellos.
Todos os concellos da provincia de Lugo que están no Portal de Transparencia son municipios de pequeno tamaño, o que condiciona e limita a aplicación dos 80 indicadores que utiliza TI.
Por este motivo, para facilitar a obtención do ITA de cada concello reduciuse o número de indicadores seleccionando os que máis se axeitan ás características dos municipios lucenses (tamaño, funcionalidade e utilidade para o cidadán, etc.), descartando aqueles que non poden aplicarse aos concellos lucenses.
Por tanto, a información que se publicará sobre cada concello no Portal de Transparencia será sobre un máximo de 46 indicadores no canto dos 80 considerados polo ITA. A máxima puntuación será 46 (60%) do total de 80 (100%) que marca Transparencia Internacional para todos os concellos.
Estes 46 indicadores desagréganse da seguinte forma:
- INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL (11)
- RELACIÓNS COS CIDADÁNS (4)
- TRANSPARENCIA ECONÓMICO-FINANCEIRA (16)
- TRANSPARENCIA NAS CONTRATACIÓNS DE SERVIZOS (4)
- TRANSPARENCIA EN MATERIA DE URBANISMO E OBRAS PÚBLICAS (11)