Indice de rixidez dos gastos

O indicador de rixidez do gasto mide aqueles gastos sobre os que as entidades teñen maior obriga de facer fronte e sobre cuxa redución é máis difícil actuar sen tomar medidas de maior calado. Trátase de custos habitualmente fixos vinculados directamente ao funcionamento dos servizos sobre os que existe un alto nivel de compromiso e que son pouco susceptibles de redución. Canto menor é o índice maior é a marxe de manobra da que dispón a entidade pública para destinar o gasto a outros mesteres.