Remanente de Tesourería

O remanente de tesouraría é un saldo que permite coñecer, ao final do exercicio, a solvencia ou capacidade económica que ten unha administración para afrontar as súas débedas. Para iso cuantifícanse, por un lado, os fondos líquidos da institución (diñeiro en caixa e bancos) máis os dereitos recoñecidos pendente de cobramento, restando a todo iso as obrigas que están pendentes de pagamento.
Estes dereitos e obrigas recoñecidas fan referencia a operacións presupostarias (do exercicio corrente e de exercicios pechados) e extrapresupostarias.
Este remanente, se é positivo podería utilizarse para financiar determinadas modificacións presupostarias, pero se é negativo debe ser recuperado no exercicio seguinte ou presentar un plan financeiro sobre a súa recuperación. Polo tanto, indica a capacidade das entidades para facer fronte aos seus compromisos financeiros.