Iniciativas de participación
Desde a Deputación de Lugo queremos implicar aos cidadáns da provincia de Lugo nas tarefas de goberno. Para iso, necesitamos a implicación e o coñecemento dos cidadáns, de xeito que todas as súas ideas, coñecementos e gañas de participar sirvan para gobernar mellor.
Para facelo posible, entre outras iniciativas, organízanse procesos participativos a través dos que os cidadáns da provincia de Lugo poden aportar a súa experiencia en espazos de diálogo cos representantes da Deputación. Os procesos participativos poden ter obxectivos diferentes segundo a realidade na que incidan, ben un colectivo específico de poboación (nenos, persoas maiores...), un territorio ou comunidade específica (comarca, zona...), un sector ou tema específico (orzamentos, deportes, educación...) ou ben ter un alcance xeral, como é o caso dos plans de actuación municipal.
En calquera proceso de participación deberanse contemplar as fases de información e comunicación sobre o tema que se debaterá, as opcións propostas, a fase de recompilación de propostas ou achegas e a de devolución de respostas, argumentando a decisión final adoptada.
Plataforma de Participación Cidadá
CONSULTAS PUBLICAS PREVIAS
- 02/08/2023.Consulta pública para a creación dun órgano especializado e funcionalmente independente denominado "Tribunal administrativo de recursos contractuais da Deputación Provincial de Lugo".PRAZO PECHADO. Pode achegar consultas dende a WEB DE PARTICIPACIÓN ou a través de mail contratacion@deputacionlugo.org
- 21/12/2022 CONSULTA PÚBLICA PREVIA NO PROCEDEMENTO DE ELABORACIÓN DO REGULAMENTO PROVINCIAL DA LICENZA DE USO DA MARCA "RESERVA DA BIOSFERA OS ANCARES LUCENSES E MONTES DE CERVANTES, NAVIA E BECERREÁ". PRAZO PECHADO.
- 21/12/2022 CONSULTA PÚBLICA PREVIA NO PROCEDEMENTO DE ELABORACIÓN DO REGULAMENTO PROVINCIAL DA LICENZA DE USO DA MARCA "RESERVA DA BIOSFERA TERRAS DO MIÑO". PRAZO PECHADO.